RedeGalega.org é un proxecto da
Asociación Fillos de Galicia
(+34) 94 4376328
Barakaldo (Euskadi)
redegalega@fillos.org
Rex. Nac. de Asocs. nº 568589
CIF: G-15761620

Dominio galego XA! (.GAL / .GZ)

 

Últimas noticias

A campaña de Fillos / RedeGalega cede o testigo á campaña do PuntoGal

Este era o contido da nosa campaña orixinal,
desactivada desde o 19 de Xuño de 2006 a prol da do PuntoGal:

Se Catalunya conseguiu o .CAT... por que Galiza non ten un TLD de seu?

Os galegos levamos reclamando un dominio dedicado á nosa cultura e mais á nosa lingua desde hai máis de 10 anos (xa había campañas ao respecto en 1995).

Un pobo coma o noso, distribuido en ducias de países por culpa da emigración, unido por unha lingua de seu e máis ca nunca por medio da Rede, precisa unha ubicación virtual que recoñeza que hai unha Galiza non abranguida por España (.ES) nin por ningún outro dominio. Por iso, polas mesmas razóns caos cataláns, e aínda outras máis importantes, habida conta de que hai máis galegos fóra de Galiza que dentro dos seus límites administrativos, desde RedeGalega (servizo da Asociación Fillos de Galicia) reclamamos con urxencia un TLD, sendo os .GAL e os .GZ os que máis adhesións e posibilidades obxectivas teñen.

Participa nos nosos foros de debate e activismo para conseguirmos entre todos un dereito cada vez máis innegable: un dominio para os webs galegos de todo o mundo!

Podes tamén axudar a espallar a voz engadindo este código (inspirado descaradamente no empregado na campaña Make Poverty History) ás túas páxinas, xusto debaixo da etiqueta <BODY>:

<script type="text/javascript" src="http://www.redegalega.org/tld-galego/bandaazul.js"> </script>

(Podes ver cómo queda p.ex. neste blog.)