|
Últimas do GzVídeos |
|
GzVideos
|
Apaga a TV , prende a túa mente
|
-
Acto do MGS en recordo de Moncho Reboiras (Imo, 12/08/10)
[MEDIA=667]
O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) realizou un acto no cemiterio de Imo (Dodro), en recordo do militante nacionalista Moncho Reboiras, asasinado en 1975 pola policía franquista. Após a ofrenda floral falaron Antolín Alcántara e Ximena González, militantes do Movemento. Mais info no web do MGS.
-
Especial // Homenaxe Popular a Moncho Reboiras (35 Aniversario) (Imo, 7/08/10)
[MEDIA=645]
O pasado 7 de agosto tivo lugar en Imo (Dodro) unha homenaxe a Moncho Reboiras, coincidindo co 35 cabodano da súa morte a mans da policía franquista. No cemiterio tivo lugar a inauguración dunha placa conmemorativa, da autoría do escultor Acisclo Manzano, mentres se sucedían as intervencións de Anxo Angueira, X.L. Méndez Ferrín, Darío Xohán [...]
-
Precinto simbólico da praça de touros de Ponte Vedra [Coordenadora Antitouradas] (5/08/10)
[MEDIA=644]
A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra precintou simbolicamente a porta principal da praça de touros , demandando a erradicaçom das touradas na Galiza a partir da modificaçom da legislaçom autonómica em matéria animal. Desta volta, e ao invês do ano anterior, nom houvo problemas com os proprietários da praça, e a presença dos medios empresariais [...]
-
Manifestaçom Antitouradas em Ponte Vedra (31-07-10)
[MEDIA=643]
Por terceiro ano consecutivo tivo lugar umha manifestaçom antitouradas em Ponte Vedra, coincidindo com o início da "Feira Taurina". Desta volta, forom catorze os colectivos convocantes, conseguindo levar à rua centos de pessoas contra o martírio animal. Calros Solla foi o encarregado de ler o manifesto numha jornada de luita antitouradas que vem precedida pola [...]
-
Manif contra a reforma laboral em Vigo (17-06-10)
[MEDIA=642]
Unhas 12.000 persoas participaron esta tarde nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza en resposta a aprobación dunha reforma laboral que suporá o recorte de dereitos máis importante dos últimos trinta anos. O texto aprobado polo goberno español, que atende ás demandas históricas da patronal de facilitar e abaratar o despedimento, deixa nunha total [...]
-
Concentraçom e manif em apoio a Palestina logo do massacre à frota da liberdade (Vigo, 1/06/10)
[MEDIA=641]
Dous centos de manifestantes concentrarom-se diante do Marco em resposta ao assalto por parte do exército sionista da frota solidária que levava ajuda humanitária à faixa de Gaza. Após concentrarem-se diante do museu, a comitiva percorreu a rua do Príncipe até a Porta do Sol coreando as palavras de orde "Palestina Vencerá" ou "o sionismo [...]
|
|