Novas

24.02.08: Exposición-charla do XX Aniversario da Radio Piratona no centro social A Tiradoura (Cangas) o 29 de febreiro apartir das 19.00 horas. 

16.02.08: Dispoñible en breve o cartel do concerto do XXII Aniversario da Radio Piratona que se celebrará o vindeiro 7 de marzo no local La Fábrica de Chocolate (Vigo).

 

Saúda

Benvido a páxina web da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios.

Nunha sociedade que ten unha realidade altamente centralizada e uniformizada pola información, onde os medios de comunicación son poder e están ao servizo do poder, as radios libres xurden ante a necesidade e o dereito que toda persoa e colectivo ten a expresar libremente opinións e a criticar e ofrecer alternativas a todo o que nos afecta directa ou indirectamente.

XX Aniversario da Radio Piratona

Neste ano 2008 se celebran os 20 anos de existencia da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios. Durante estes meses organizamos diferentes actividades e actos para conmemorar o xurdimento desta medio libre.

Contacta

Hai moitas maneiras de contactar con nós. Podes facelo a través do noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través do correo convencional dirixindote ao Apartado de Correos 8278-36200 (Vigo). Se tes algo que dicir, debatir, denunciar, anunciar, ou enviarnos as tuas opinións, críticas, suxeréncias, etc. estes son os medios para facelo.