|
CIG ENSINO anuncia promover estudo de Português |
|
|
|
|
Terça, 06 Dezembro 2005 |
|
Sindicato maioritário no ensino anuncia a sua intenção de promover português na secundária
Do MDL não podemos mais do que parabenizar a iniciativa, coincidente com os objectivos marcados pela nossa VII A. Geral, de procurar a introducção generalizada do português na secundária. Reproduzimos a seguir pelo seu interesse o texto que pode ser lido na página web da CIG que dá conta da campanha.
Como primeira medida, o sindicato acordou recabar da administración toda a información sobre a realidade actual dos estudos de lingua portuguesa en territorio galego: centros que actualmente ofertan aulas, número de alunas/os, trámites necesarios para a implantación das aulas, etc. Con toda esta información, a CIG-ENSINO ten previsto elaborar un relatorio pormenorizado que poida servir como referencia e orientación inicial para aqueles centros interesados en ofertar ditos estudos. Así mesmo, temos previsto enviar aos centros que na actualidade xa ofertan lingua portuguesa un inquérito pormenorizado que nos permita avaliar a situación actual e posibilidades futuras que o ensino de português pode ter na nosa comunidade. A CIG-ENSINO valora como positivas as declaracións da consellaria de educación para promover e estender ditos estudos (hoxe xa existentes nalgúns institutos pioneiros e en varias escolas de idiomas), dado que consideramos que a introdución xeralizada da lingua portuguesa como unha das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato e FP (nos ciclos formativos en que se ministran idiomas), coa correspondente dotación de material didáctico, será beneficiosa para o alumnado do noso país, contribuindo a fortalecer as relacións transfronteirizas entre Galiza e Portugal e abrindo aos nosos rapaces e rapazas un novo horizonte de relacionamento cultural e humano nunha lingua internacional hoxe falada por mais de 200 millóns de persoas en todo o mundo e que ten as súas raíces mais fondas na nosa terra. Mais informação relacionada: http://agal-gz.org/modules.php?name=News&file=articlecomments&sid=2475&mode=&order=0&thold=0 http://www.cig-ensino.com/ http://www.cig-ensino.com/ver.php/?nav=232 |