|
Publicado balanço do MDL em jornal Galicia-Hoxe |
|
|
|
|
03-Jan-2006 |
|
Jornal Galicia-Hoxe publicou balanço realizado no nosso boletim de Dezembro.
Reproduzimos a seguir a totalidade do texto publicado. Pode-se acessar em: Notícia em Galicia-Hoxe [desactualizada]
MEDIDA HISTÓRICA Plan da Xunta para que o portugués sexa a segunda lingua estranxeira nos colexios
maré - Santiago
O Movimento Defesa da Lingua (MDL) manifestou neste comezo de ano a boa iniciativa da Xunta de querer converter o portugués na segunda lingua estranxeira do sistema educativo galego e cualificou este momento de histórico no âmbito da normalización lingüística.
Aínda que foi o pasado 16 de novembro cando a consellería de Educación anunciou que está a traballar na implantación da lingua, literatura e da cultura portuguesas nos centros de ensino galegos, é agora cando o MDL fai balance tras unha longa campaña que leva a cabo desde 1998 baixo o nome Português no ensino desde já!!!, e que se converteu nun obxectivo estratéxico para o colectivo segundo recolle o último boletin informativo do Movimento. A Xunta tamén manifestou o propósito de converter a lingua portuguesa, na segunda lingua estranxeira do noso sistema educativo lembra o colectivo, quen recoñece a importancia destas declaracións e considera que nos encontramos ante um momento realmente histórico no âmbito da normalização linguística que pode vir a ser determinante para o futuro da nossa língua e da nossa cultura. Así mesmo lembran que o 20 de xuño de 2003, o MDL dáballe os parabéns ao Bloque Nacionalista Galego, e especialmente á súa Deputada Pilar Garcia Negro, pola presentación dunha porposición non de lei en favor do ensino do português nos liceus da Galiza, embora tivesse de ser sob a categoria de língua estrangeira afirman. O Movimento ademais decidiu plasmar na VII Assembleia Geral celebrada o pasado dia 5 de novembro, ter como obxectivo principal da organización para esta nova etapa a introdución xeralizada do Português na secundaria como materia lectiva.
Enviaranlle unha petición ó Parlamento Europeo O colectivo tamén anunciou que a Associação de Amizade Galiza-Portugal e o MDL, apoiados por mais de 200 intelectuais, professores, escritores e cidadáns de diferentes profesións enviaranlle unha Petición ó Parlamento Europeo, ós grupos parlamentarios europeos e ó Presidente da Comisión Europea, no que solicitarán o recoñecemento da unidade da lingua portuguesa, común a Galiza e Portugal. Entre os asinantes da petición atópanse o ex parlamentario José Posada; Sociolinguistas como António Gil, Celso Álvarez Cáccamo, Mário Herrero e Xavier Vilhar; empresarios como José Ramom Pichel, José Posada Enríquez e Ângelo Cristóvão. E profesores catedráticos como Maria do Carmo Henríquez e Maria-José Azurmendi.
Contarán co apoio de CIG-Ensino Como primeira medida, o sindicato da CIG-Ensino recabará da administración toda a información sobre a realidade actual dos estudos de língua portuguesa na Galiza: centros que actualmente ofertan aulas, número de alumnas/os, trámites necesários, etc, explica o boletín informativo da MDL. Posteriormente o sindicato elaborará o relatorio pormenorizado que sirva como referencia e orientación inicial para aqueles centros interesados na súa oferta. Tamén se terá en conta o propósito da Xunta de estender esta lingua na ESO, no Bacharelato e na FP coa correspondente dotación de material didáctico, tendo en conta que a falan máis de 200 millóns de persoas en todo o mundo. |